jueves, 16 de octubre de 2008

17 OUTRUBRO DIA INTERNACIONAL PARA ERRADICACION DA PROBEZA

17-O: DIA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA
DECLARACIÓN DO PSdeG-PSOE


En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou a declaración do día 17 de
outubro como Día Internacional para a Erradicación da Pobreza a fin de sensibilizar á
sociedade sobre a necesidade de erradicar a pobreza no mundo, invitando a todos os
Estados a promover actividades concretas destinadas a tal fin ,así como ás distintas
organizacións intergobernamentais e non gobernamentais para a colaboración nesta
tarefa.
Este obxectivo foi declarado prioritario, de xeito que no Cume Do Milenio, os xefes de
estado e de goberno comprometéronse a reducir á metade, ata o ano 2015, a
porcentaxe de persoas que viven na indixencia (con ingresos inferiores a 1 dólar por
día)
As cifras da pobreza son dramáticas: 800 millóns de persoas non teñen acceso á
comida suficiente para alimentarse,1200 millóns de persoas non poden contar con
auga potable,10 millóns de nenos e nenas morren antes de cumpriren os cinco anos
por causas evitables, o 10% da poboación mundial goza do 70% das riquezas do
Planeta, o 70% das persoas pobres do Planeta son mulleres, 1100 millóns de persoas
sobreviven con menos de 1 dólar diario, 50 millóns de persoas están infectadas por el
VIH e a gran maioría non recibe ningún tratamento ni atención....
Dende o Partido Socialista de Galicia queremos reforzar o noso compromiso coa loita
contra a pobreza, unindo a nosa voz para suma-la a milleiros de voces que se rebelan
en todo o Planeta. Este 17 de outubro o PSdeG-PSOE:
1.- Reafirma o seu compromiso ca cooperación ao Desenvolvemento como
instrumento para conseguir un mundo máis xusto, igual e solidario
2.- Solicita das distintas administracións a súa implicación activa na loita contra a
pobreza
3.- Manifesta a súa complicidade con quen, dende as Institucións ou no constante
traballo dende á sociedade civil, comparten os mesmos obxectivos
Xuntos traballaremos para acadar os Obxectivos do Milenio

No hay comentarios:

Powered By Blogger